Bandas galegas, estatais e internacionais nunha nova edición do noitiNHas

Bandas galegas, estatais e internacionais nunha nova edición do noitiNHas
El grupo De Ninghures arrancará el noitiNHas 24 el próximo miércoles 15 de maio. I CEDIDA

O ciclo gastronómico e musical noitiNHas regresa á programación cultural cunha sétima edición na que ofrecerá cinco eventos de participación gratuíta para o público no NH Collection Santiago os mércores quince de maio, cinco de xuño, tres de xullo, sete de agosto e catro de setembro a partir das 19:30h.

 

A iniciativa, promovida polo hotel NH Collection Santiago e organizada por Correveydile, volve contar co apoio de Cervezas Alhambra na súa aposta por estar presente naqueles eventos nos que se crean instantes únicos que convidan desfrutar dunha Alhambra coa mellor banda sonora de fondo, e non necesitarán de reserva previa de convite por parte das persoas asistentes.

 

Así, 2024 e Cervezas Alhambra traerán ata a azotea do NH Collection Santiago música a cargo das actuacións de De Ninghures, Señora DJ e Futuro Alcalde, e gastronomía a través dos showcookings Cervezas Alhambra da man do chef Jeferson Cabrera (Glabistrô), o chef David Mariño (Rincón del Reino), os chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta D´Obradoiro), a chef Lucía Freitas (A Tafona) e o chef Gerardo Quintela (Quintela).

 

A nova entrega do ciclo dará comezo o vindeiro mércores 15 de maio co concerto Cervezas Alhambra do grupo De Ninghures. A banda de fresh trad galego é unha das seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cervexeira e a Fundación Paideia Galiza, co obxetivo de promover o talento e impulsar proxectos musicais incluidos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación.

 

Acompañará a De Ninghures no cartel da primeira xornada do ciclo o picadiscos Abel Visión DJ, que ofrecerá unha sesión musical ecléctica a base de soul, funky, disco e house e un showcooking Cervezas Alhambra a cargo do chef Jeferson Cabrera  do restaurante Glabistrô (Ourense).

 

A continuación, a programación do resto de citas gastronómicas e musicais do noitiNHas 24:

 

Mércores 5 de xuño 

 

Sesión Cervezas Alhambra a cargo de Señora Dj

Showcooking Cervezas Alhambra da man do chef David Mariño (Rincón del Reino)

Concerto de Pahua (México)

 

Mércores 3 de xullo

 

Sesión musical a cargo de Dj Constan Chao

Showcooking Cervezas Alhambra da man dos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta D´Obradoiro)

Concerto de The Loons. EEUU

 

Mércores 7 agosto 

 

Sesión musical a cargo de Dj Vaaaicheboa

Showcooking Cervezas Alhambra da man da chef Lucía Freitas (A Tafona)

Concerto Cervezas Alhambra a cargo Futuro Alcalde

 

Mércores 4 setembro

 

Sesión musical a cargo de Dj Daasanach

Showcooking Cervezas Alhambra da man do chef Gerardo Quintela (Quintela)

Concerto de Yo Somos (Valencia) 

 

Cartel completo de noitiNHas
Cartel completo de noitiNHas

Bandas galegas, estatais e internacionais nunha nova edición do noitiNHas

Te puede interesar